Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
deixar verbo transitivo1 Poñer nun sitio e afastarse de [unha cousa que se leva ou que se ten collida]. Deixa o libro na mesa. Deixou o abrigo no colgadoiro. Onde deixaches a moto?2 Irse de [un lugar]. Deixou a cidade. Deixou o salón e dirixiuse á cociña. SINÓNIMO abandonar3 Separarse de [alguén] nun lugar. Deixeino tomando un café no bar. Déixovos, que teño présa.4 Romper voluntariamente [unha persoa] a relación que mantiña con outra. A moza deixouno por outro.5 Non ocuparse máis de, non seguir preocupándose por [un asunto que se tiña entre mans]. Deixa iso e vístete, que chegamos tarde. Deixa os problemas dos demais e ocúpate dos teus.6 Facer que [algo ou alguén] quede de determinada maneira despois de realizar sobre el algunha operación ou acción. Levou o coche ao taller e deixáronllo coma novo. Bateron nel canto quixeron e deixárono mallado.7 Transmitir por herdanza. Deixoulle a casa e as terras ao fillo máis vello.8 Facer que quede [certa cousa] nun sitio. O viño deixou pouso no fondo da botella. Deixou un bo recordo entre os compañeiros.9 Facer unha persoa que [algo ou alguén] quede neste mundo, tras a súa morte. Deixa viúva e tres fillos. Deixou un monte de débedas.10Emprestar Déixame vinte pesos.11 Confiar [algo ou alguén] a unha persoa ao marchar. Deixaron o neno con súa avoa.12 Vender a un bo prezo ou a un prezo inferior ao inicial. Deixáronmo barato. CONFRÓNTESE ceder13 Producir [máis ou menos beneficios]. Este negocio poucos cartos deixa.14 Non coller, non consumir ou non utilizar [algo do que se dispón, en particular cando se destina a outro]. Deixou as mellores cartas para o final. SINÓNIMOS gardar, reservar Deixou a metade da cea no prato. Deixádelle un sitio. Deixade algo de empanada para a noite.15 Non coller no seu debido momento [algo que debía levarse con un]. Deixei o paraugas no bar. SINÓNIMO esquecer16 Dar o consentimento para [unha cousa]. Deixa que che axude. Non deixa que os fillos cheguen tarde á casa. Deixou que chantasen un poste na súa leira. Sempre lle deixaron facer o que quixo. SINÓNIMOS consentir, permitir17 Non impedir ou non opor resistencia a [algo]. Deixou que lle adiantase.18 Non modificar as circunstancias ou o lugar en que se atopa [algo ou alguén]. Deixou todo tal como o atopou. Déixao estar onde está. Deixádeme tranquilo.19 Non continuar con [algo]. Deixou o vicio de xogar. SINÓNIMO abandonar20 Permitir que medre [o pelo, a barba]. Deixou bigote. verbo pronominal21 Non opor resistencia. Deixouse convencer.22 Non coidar o aspecto físico. De mozo coidábase moito, pero agora deixouse por completo. FRASES E EXPRESIÓNS CON deixar Deixar a pedir Deixar nunha situación de gran necesidade. Leváronlles todo canto tiñan, deixáronos a pedir. Deixar atrás 1 Deixar nun lugar que está atrás. Deixamos atrás Santiago. 2 Esquecer, pasar por alto. Non sei se deixei atrás detalles importantes na miña descrición. Deixar a vidaMorrer Deixou a vida na batalla. Deixar de + infinitivo Non continuar a acción expresada polo infinitivo. Deixou de chover. Deixa de berrar. Deixar + participio Facer que quede realizada a acción expresada polo participio. Deixoulle dito o que tiña que facer. Deixar polo chan VÉXASE chan Deixar por + infinitivo Non facer a acción expresada polo infinitivo. Deixou varios regos por sementar. SINÓNIMO deixar sen + infinitivo Deixar sen + infinitivo Deixar por + infinitivo. Deixou sen colocar as súas cousas. Deixarse estar 1 Seguir, quedar. Deixouse estar na casa. 2 Non ter ou non mostrar interese por algo. Déixate estar, xa buscaremos a maneira de arranxalo. Deixarse ir Abandonarse ou desleixarse. Comezou ben, pero logo desanimouse e deixouse ir. /pc/verbos/deixar.html
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: