Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
paso2 (feminino: pasa) adxectivo1 [Froito] secado ao sol ou por métodos artificiais. Os figos pasos son doces. Uvas pasas. substantivo feminino2 Uva pasa. OBSERVACIÓNS: Utilízase xeralmente en plural Un biscoito con pasas. paso1 substantivo masculino1 Acción de mover os pés ao andar. Espertounos co ruído dos seus pasos. SINÓNIMO pasada2 Distancia que hai entre os dous pés ao andar, cando estes están pousados. Daba pasos curtos. SINÓNIMO pasada3 Marca que queda no chan ao pisar. Quedaron marcados os pasos na area. SINÓNIMOS pasada, pegada, pisada, pisadura4 Maneira de camiñar, ritmo máis ou menos lento da marcha. A ese paso eu non te podo seguir. Levaban un bo paso xa que querían chegar canto antes.5 Maneira de camiñar das cabalarías. Este cabalo ten moi bo paso.6 Acción de pasar dun lugar a outro, de deixar algo atrás ou de chegar algo á súa fin. O paso do vao. SINÓNIMOS pasada, pasaxe O paso dos anos. Prohibido o paso.7 Cada unha das pezas horizontais dunha escada ou escaleira, onde se pisa ao subir ou baixar. A escada da bodega ten oito pasos. SINÓNIMOS banzo, chanzo8 Lugar por onde se pode pasar para ir dun lugar a outro. Para chegar á miña casa hai que atravesar o paso que separa estas dúas leiras.9 Lugar para pasar estreito e difícil. Nin as cabras podían ir por aquel paso. Un paso de montaña. SINÓNIMO pasaxe10 Dereito a pasar por un lugar alleo. Temos paso polo fondo da súa leira. SINÓNIMOS antiga, pasantía, pasaxe, serventía, servidume de paso11 Relixión Cada un dos sucesos da Paixón de Cristo. O paso da primeira caída.12 Grupo escultórico que representa algún destes sucesos da Paixón de Cristo. A chuvia impediu que saísen os pasos.13 Cada unha das pedras que se colocan en fila nunha corrente de auga para podela atravesar a pé. Esvarou nun paso e houbo caer. SINÓNIMOS pasadoiro, pasal, poldra14 Distancia que hai entre dúas voltas da rosca dun parafuso. Os pasos do parafuso teñen que ser iguais.15 Acción, resolución ou decisión de certa importancia. É un paso moi importante para ti, debes meditalo.16 Movemento dos pés ou do corpo que na danza constitúe unha unidade. Os pasos da muiñeira.17 Cada un dos avances, xeralmente representado por números consecutivos, dun aparello contador. Ler os pasos do contador da luz. Os pasos do teléfono.18 Cada un dos trámites, operacións etc., que hai que efectuar no proceso de realización de certas cousas. Para resolver o problema tes que seguir unha serie de pasos.19 XeografíaEstreito O paso de Calais.20 Literatura Peza teatral curta, de carácter cómico. Entre as pezas representadas destacaba un paso do século XVI. substantivo masculino plural21 Deporte Falta en que incorre un xogador en determinados deportes ao dar un, dous e tres pasos coa pelota na man. Pitáronlle pasos ao pivote. FRASES E EXPRESIÓNS CON paso A cada paso Frecuentemente, a miúdo. Chámame por teléfono a cada paso. A paso de boi Moi lentamente. Percorreu todo o camiño a paso de boi. Ceder o paso Permitir que outra persoa pase a un lugar diante dun. O home abriu a porta e cedeulle o paso á súa nai. Dar paso 1 Permitir o acceso a un lugar. A porta daba paso ao salón. 2 Favorecer que apareza unha situación nova. A suba dos prezos do petróleo deu paso a unha crise económica. Dar un mal paso Cometer un erro. De novo deu un mal paso que lamentou toda a vida. SINÓNIMO dar un paso en falso Dar un paso en falso Dar un mal paso. Se non queres dar un paso en falso é mellor que medites o que vas facer. De paso locución adverbial 1 Ao mesmo tempo, aproveitando a circunstancia que se expresa. De paso que vas aló xa lle dis que non veña. SINÓNIMO de camiño 2 Por breve espazo de tempo, camiño doutro lugar. Estou aquí de paso. Non ver cousa ao paso Resultar algo estraño ou sorprendente. Na miña vida vin cousa ao paso, que rapaz tan retorcido. Paso a nivel Intersección dunha vía férrea cunha estrada ou camiño, ao mesmo nivel. O coche detívose ao chegar ao paso a nivel. Paso de peóns Lugar, nunha estrada ou rúa, onde os peóns teñen preferencia de paso para atravesala. Débese cruzar a rúa polo paso de peóns. Saír do paso 1 Superar unha dificultade. Cando montaron o negocio tiveron moitos problemas económicos, pero ao final saíron do paso. 2 Librarse dun asunto, traballo etc., da maneira máis cómoda e fácil. Con ese traballo conseguirás saír do paso e aprobar a materia.
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: