Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
o3 (feminino: a) pronome persoal Vai en lugar dun nome, un pronome, unha oración ou un enunciado que acaba de ser expresado ou que se vai expresar. Trouxeches a bolsa? -Non a trouxen. Dixo que ía chegar á hora pero non o fixo. OBSERVACIÓNS: 1ª. A segunda forma. O pronome persoal átono presenta as variantes lo (m.sing.), la (f.sing.), los (m.pl.), las (f.pl.). Estas formas empréganse nos seguintes casos: 1) Cando vai despois dunha forma verbal rematada en -r ou en -s. Gustaríame rematalo. Fixéchelo ou non? 2) Despois dos pronomes átonos nos, vos e lles. Non nolo deu. Non llelo digas a eses. 3) Despois do adverbio u. O coitelo, ulo? 2ª. A terceira forma. O pronome átono presenta as formas no (m.sing.), na (f.sing.), nos (m.pl.), nas (f.pl.) tras as formas verbais rematadas en ditongo. Feriuno coa navalla o2 (feminino: a) artigo determinado1 Diante dun nome designa en xeral todos os individuos ou obxectos dunha mesma clase. O home é un ser intelixente. Os peixes son animais mariños.2 Presenta algo ou a alguén xa coñecido. O sol quenta moito hoxe. Seica viu os teus curmáns na vila. OBSERVACIÓNS: 1ª. As segundas formas. O art. det. presenta outras variantes denominadas segundas formas: lo (m.sing.), la (f.sing.), los (m.pl.), las (f.pl.). Estas formas empréganse nos seguintes casos: 1) Despois dunha forma verbal rematada en -r ou en -s. Vai face-lo xantar. Non molléde-los pés. 2) Despois dos pronomes nos, vos e lles, cando estes van unidos ao verbo. Déronno-lo parabén por gañar. Déixovo-lo coche no garaxe. Empréstalle-lo libro a teus irmáns. 3) Despois do adverbio u. U-los teus nenos? 4) Despois de por, (e) mais, tras, todos/as, ambos/as, entrambos/as. Nestes casos non se emprega o guión. Ía polo camiño. O neno e maila nena. A árbore está trala casa. 2ª. Contraccións. Se certas preposicións e pronomes contraen coa segunda forma do artigo, outras preposicións (a, de, en e con) contraen coa forma do artigo (o, a, os, as) dando, respectivamente: ao (ó), á, aos (ós), ás; do, da, dos, das; no, na, nos, nas; co, coa, cos, coas. A conxunción ca tamén contrae co artigo (o, a, os, as) dando, respectivamente, as seguintes formas: có, cá, cós, cás. 3ª. Para a forma arcaica do artigo, ver el1 o1 substantivo masculino1 Décimo cuarta letra do alfabeto galego. O seu nome é o.2 Nome da letra o.
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)