Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
meter verbo transitivo1 Facer entrar [algo] nunha cousa ou nun lugar. Meteu os libros nun caixón. SINÓNIMO introducir ANTÓNIMOS quitar, sacar, tirar Mete os nenos na casa, que xa é noite.2 Dirixir [algo] por un lugar. Metín o coche por unha corredoira. ANTÓNIMOS quitar, sacar, tirar3 Ingresar [alguén] nun centro ou nalgún tipo de colectividade. Metérono no cárcere polos delitos que cometera. Este ano imos meter o neno na escola pública. Meteu o novo bolseiro no seu grupo de traballo. ANTÓNIMO sacar4 Facer que [alguén] ocupe un determinado cargo. Polos seus méritos académicos, metérona de directora de departamento no seu instituto. SINÓNIMOS designar, nomear5 Facer que [alguén] se dedique a unha actividade. Metín o rapaz a aprendiz de albanel. ANTÓNIMO sacar6 Depositar [capital] nunha entidade bancaria. Teño que ir ao banco meter cartos. SINÓNIMO ingresar ANTÓNIMO sacar7 Dedicar [certa cantidade de cartos] a un fin. Todos os aforros que tiña meteunos na compra dunha casa. SINÓNIMOS empregar, investir8 Facer que [alguén] tome parte de algo, que interveña nalgunha cousa. Non metas a familia nos teus enredos. SINÓNIMO mesturar CONFRÓNTESE inmiscir9 Conseguir que alguén crea [algo que non é certo]. Fixo que se enfadara co seu amigo por todas as trolas que lle meteu. Quería que o acompañase ao parque pero metinlle unha escusa porque non me apetecía. CONFRÓNTESE coar10 Engadirlle [unha cousa] a outra. A este viño metéronlle auga. SINÓNIMO botar1 Hai que meterlle máis metros á casa. ANTÓNIMOS quitar, sacar, tirar11 Recoller [parte do tecido dunha peza de roupa] para acurtala. Voulle meter os baixos á saia. SINÓNIMO coller Tamén absoluto Tes que meterlle ao pantalón que che queda moi longo. SINÓNIMO subir ANTÓNIMO baixar12 Facer que alguén reciba [algo] en contra da súa vontade. Metéronlle tres goles ao porteiro novo. O xefe meteulle máis horas de traballo pero non lle subiu o salario.13 Dar [un golpe]. Meteulle unha patada á porta. Queríalle meter unha labazada ao cativo pero a súa nai defendeuno. SINÓNIMO arrear214 Provocar [unha sensación ou reacción determinada]. Meteulle un bo susto ao gato. Mete medo cando empeza a berrar tan forte.15 Producir ou emitir [ruído, voces etc.]. Perdeu a razón e desde aquela anda metendo berros pola rúa. O neno non para de meter ruído cos xoguetes. verbo pronominal16 Introducirse nun lugar. A bóla de billar meteuse rodando no burato. Así que é noite, métese no seu cuarto. A pelota meteuse debaixo do armario. ANTÓNIMO saír17 Ir por un lugar. Metinme nunha rúa descoñecida. ANTÓNIMO saír18 Tomar parte en algo. Sempre se mete en aventuras.19 Pasar a dedicarse a unha actividade, a un traballo etc. Meteuse a bombeiro. Vaise meter nun negocio.20 Pasar a formar parte dun grupo. Meteuse nun conxunto musical. ANTÓNIMO saír21(meter con) Molestar ou amolar. Non te metas cos nenos pequenos. Meteuse co can e traboulle unha perna.22 Intervir nun asunto alleo, sen ter dereito a facelo ou sen ser requirida a súa intervención. Non te metas nos seus asuntos, que non lle gusta. SINÓNIMO entremeterse FRASES E EXPRESIÓNS CON meter Meter a pata VÉXASE pata Meter medo Provocar unha forte impresión. Vai un frío que mete medo. Corría que metía medo. Meter os cans na bouza VÉXASE can2 Meter os fociños (en algo) VÉXASE fociño Meter polos ollos Gabar ou salientar de forma interesada as calidades de algo ou alguén para provocar interese. A nai non facía outra cousa que meterlle polos ollos aquel rapaz, pero ela non quería casar con el. Meterse en Seguido dunha expresión temporal, indica que aquilo que se está facendo se prolonga ata o momento que expresa esta. Entretivémonos e metémonos na noite. Agora non te podemos axudar, que nos metemos en tarde. Non saber onde se meter Quedar confuso, avergoñado. Cando todos o empezaron a acusar de ladrón, non sabía onde se meter. /pc/verbos/meter.html
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: