Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
media2 substantivo feminino VÉXASE medio media1 substantivo feminino Peza de roupa que cobre desde o pé ata o xeonllo ou ata o van. Medias de seda. medio (feminino: media) adxectivo1 Que constitúe a metade de algo. Xa leu media novela. Teño percorrido medio camiño. Levoume media xornada facelo.2 Que está entre dous extremos e que, xeralmente, responde ás características da maioría. Unha persoa de estatura media, nin moi alta, nin moi baixa. SINÓNIMOS intermedio, mediano Ao lector medio gústanlle os libros fáciles de ler e pouco complicados.3 Que se obtén ao achar a media. A nota media do curso é notable.4 figurado Gran parte ou gran cantidade de algo. Coñéceno en media cidade. Pasou media vida de loito. substantivo masculino5 Punto que está entre dous ou máis de dous, e á mesma distancia de todos, da cousa que se expresa. Quedou parada no medio da rúa. Rachou a porta polo medio. SINÓNIMO metade6 Momento situado aproximadamente á mesma distancia do principio ca do final da cousa que se expresa. No medio da noite espertou. Cando xa iamos polo medio da comida chegou el. SINÓNIMO metade7 Conxunto de condicións biolóxicas, físicas e químicas nas que pode vivir un organismo. Os animais adáptanse ao medio en que viven. A defensa e coidado do medio. SINÓNIMOS ambiente, medio ambiente8 Todo aquilo que rodea a vida dunha persoa, como é o lugar onde vive, a xente con quen trata, o tipo de traballo que realiza etc. Non se adapta ao medio urbano. SINÓNIMO ambiente9 Aquilo que serve para un fin. Ten que buscar un medio de vida. Non teño medio de solucionar ese problema. CONFRÓNTESE fórmula, método, procedemento, sistema Os medios de transporte.10 Grupo de persoas con certas características en común, como pode ser o traballo, o nivel económico etc. OBSERVACIÓNS: Con esta acepción, úsase frecuentemente en plural É un poeta coñecido só nos medios literarios. Neste caso o asasino pertencía ao medio familiar da vítima. CONFRÓNTESE círculo substantivo masculino plural11 Poder económico. Unha familia de poucos medios. SINÓNIMO recursos substantivo feminino12 Valor comprendido entre o mínimo e o máximo dunha serie de magnitudes, que serve para representar o conxunto. A media pode ser aritmética ou xeométrica.13 Aquilo que está entre dous extremos e que, polo xeral, responde ás características da maioría. Ten unha intelixencia por riba da media. adverbio14 Un pouco, non de todo. É medio parva. A porta está medio aberta. FRASES E EXPRESIÓNS CON medio A medias locución adverbial 1 Sen rematar. Deixar o traballo a medias. 2 Non por completo. Está contento a medias. 3 Entre dous. Facer algo a medias. Idade Media VÉXASE idade Media aritmética Matemáticas Cociente que resulta da suma de varias cantidades dividida entre o número de cantidades que se toma. A nota final será a media aritmética de todos os exames da materia. Media pensión VÉXASE pensión Media xeométrica Matemáticas Valor que resulta da raíz do produto de varias cantidades que ten como índice o número de cantidades que se toma. A media xeométrica dun conxunto de números nunca é superior á media aritmética. Medio ambiente Medio (acepción 7). A defensa do medio ambiente. Medio de comunicación Aquel medio como a prensa, radio ou televisión que pode difundir información a moita xente. Os medios de comunicación coincidían en sinalar o fracaso da súa xestión. Medio irmán VÉXASE irmán Medios de comunicación social Grupo de aplicacións en liña onde o contido é creado polos propios usuarios mediante o uso de tecnoloxías que facilitan a edición, a publicación e o intercambio de información, así como a súa valoración. Os medios de comunicación social cambiaron a maneira de relacionarse entre as persoas. No medio e medio Xusto na metade. Plantaron unha árbore no medio e medio da praza. Polo medio e medio Xusto pola metade. O prato ao caer rompeu polo medio e medio. Por medio de locución preposicional Servíndose de alguén ou daquilo que se menciona. Sóuboo por medio de miña irmá. SINÓNIMO mediante1 Quitar do medio VÉXASE quitar
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: