Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
abrir verbo transitivo1 Separar [unha cousa móbil que tapa ou cobre unha abertura] de xeito que esta quede libre. Abre as portas e as ventás. Abre as contras para que entre máis luz. ANTÓNIMO cerrar2 Facer que [algo] non estea fixo ou tapado por algún mecanismo para permitir o paso, para que poida ser utilizado etc. Abre o fecho para poder entrarmos. SINÓNIMOS desfechar, despechar Abre a billa. ANTÓNIMOS cerrar, fechar, pechar3 Levantar, extraer, mover, separar etc., a porta, tapa, cuberta ou calquera elemento de [unha cousa] de maneira que se poida acceder a ela. Abriu o armario e colleu unha muda. Abriu o caixón e atopou todo revolto. Abre unha lata mentres eu pico a cebola. Imos abrir unha botella para celebralo. Abre a carpeta e colle un par de folios. Abride o libro pola páxina vinte.4 Estender as partes de [algo]. Abre as mans. ANTÓNIMO cerrar5 Cortar, separar, romper etc., [algo] de maneira que quede descuberto o seu interior. As ostras non me son doadas de abrir. Non abrades as noces cos dentes. Abríronlle o ventre para operalo.6 Facer que [algo] comece as súas tarefas ou actividades por primeira vez, despois dalgún tempo ou de modo habitual. Abriron un bar novo nesta rúa. CONFRÓNTESE inaugurar O novo goberno volveu abrir as fronteiras. En setembro abren os colexios. A dependenta abre a tenda todos os días ás nove. ANTÓNIMOS cerrar, fechar, pechar7 Deixar descuberta [unha cousa ou unha parte dunha cousa] separando os bordos daquilo que a cobre. Abrir os ollos. Abra a boca, que lle vou mirar a gorxa. ANTÓNIMOS cerrar, fechar, pechar8 Construír, facer [certa cousa] cavando, rompendo etc., unha superficie. Abriu os regos á man. Abriron unha gabia fonda e colocaron os tubos. A escavadora abriu o camiño en poucos días. Abriron un burato na parede para poder fuxir.9 Ir ao principio de, ser o primeiro en intervir en [algo en que participan varios]. Abría o desfile un grupo de gaiteiros. SINÓNIMO encabezar Abriu el o debate. ANTÓNIMO cerrar10 Fonética Articular [unha vogal] cun maior grao de abertura. Para pronunciar correctamente esta palabra, tes que abrir máis o ‘e’.11 Realizar os trámites necesarios para dispoñer de [unha conta, unha cartilla etc.]. Abriron a conta a nome dos dous.12 figurado Proporcionar [algo abstracto] que non existía previamente. Os seus experimentos abriron novas posibilidades de tratamento.13 Utilizar o primeiro elemento de [un signo ortográfico que consta de dúas partes]. Abriu unha paréntese para introducir unha puntualización. verbo intransitivo14 [Algo] ter inicio, comezar as súas tarefas ou actividades por primeira vez, despois dalgún tempo ou de modo habitual. Mañá abre unha nova tenda de roupa. Esta academia abre no verán. As oficinas abren ás oito. ANTÓNIMO cerrar15 [Ceo día] tornarse claro. A ver se abre e podemos dar unha volta. ANTÓNIMOS cerrar, fechar, pechar16 [Algo] separarse nunha ou máis aberturas. A parede abriu por catro sitios. A táboa abriu por deixala ao sol. CONFRÓNTESE fender, rachar, regañar17 [Algo] estender as súas partes quedando entre elas maior espazo. As flores abren en primavera. ANTÓNIMO cerrar18 [Membro, articulación] sufrir dano a causa dun golpe, dun esforzo etc. Abriume o pé xogando ao fútbol. verbo pronominal19 [Cousa móbil que tapa ou cobre unha abertura] separarse quedando esta libre. A porta debeu abrirse co vento. ANTÓNIMO cerrarse20 [Cousa, parte dunha cousa] quedar descuberta, separándose ou quitándose o que a tapaba. Fóronselle abrindo os ollos pouco a pouco. ANTÓNIMO cerrarse21 [Algo] estender as súas partes quedando entre elas maior espazo. Abríuseme o paraugas co vento. SINÓNIMO cerrarse22 [Membro ou articulación] sufrir dano a causa dun golpe, dun esforzo etc. Abríuselle unha man.23 Seguir unha curva polo lado no que a curvatura é menor. Ábrete na curva para poder manobrar sen dificultade. FRASES E EXPRESIÓNS CON abrir Abrir a boca VÉXASE boca Abrir o día VÉXASE día Abrirse a boca VÉXASE boca Nun abrir e cerrar de ollos VÉXASE ollo /pc/verbos/abrir.html
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: