O volume achega os rapaces e rapazas á Xela Arias editora, tradutora, poeta e docente e dálles a coñecer a escena cultural e social da Galicia dos anos 80 e 90. A obra ve a luz como recomendada para o público a partir dos 11 anos, pero a súa prosa e o rigor documental no que se basea fan dela unha lectura amena e enriquecedora para todas as idades.
A narración arrinca en Sarria coa historia de amor de Valentín Arias e Amparo Castaño, os pais de Xela Arias, a maior de cinco irmáns que medraron nu fogar cheo de libros e polo que adoitaban pasar unha chea de escritores; e percorre os episodios esenciais dos distintos momentos vitais da autora para entender o seu legado e trazar ao mesmo tempo un retrato íntimo da autora. O volume conclúe cunha pequena escolma de poemas dos catro libros que Xela Arias publicou en vida.