XXVI edición do Cursos de Verán de lingua e cultura galegas

Os cursos, organizados pola Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega e a Xunta de Galicia, teñen como finalidade dar a coñecer a nosa lingua e cultura propias entre estudantes de fóra de Galicia.
Alumnos do curso asistindo á casa dun oleiro
Visita á casa dun oleiro dos alumnos do curso


O curso, dirixido nesta ocasión polo membro de número da Academia, Manuel González González, consta de tres niveis -iniciación, medio e superior- de introdución á lingua e cultura galegas, e contempla, entre as súas actividades, a visita a lugares sinalados polo seu interese cultural e antropolóxico, recitais poéticos ou actuacións musicais.

O prazo de inscrición para a matrícula neste curso remata o vindeiro 1 de maio.

Para máis información, pódese consultar aquí.