Manuel Baltar recibiu a Víctor F. Freixanes no pazo provincial nun encontro no que expresou a vontade da Deputación de Ourense de renovar o apoio á Real Academia Galega. Os responsables de ambas as institucións repasaron ademais as actividades desenvolvidas pola Academia ao abeiro destas axudas.