O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo mantivo hoxe unha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia. Pedro Blanco recibiu o máximo responsable da RAG, que acudiu á reunión acompañado da secretaria, Ana Boullón, e a arquiveira-biblitecaria, María Dolores Sánchez Palomino, en representación da comisión executiva da Academia. O encontro enmarcouse na colaboración habitual que manteñen ambas as institucións.


