
O académico ganduxa recordos sobre o protagonista do Día das Letras Galegas 2023 de amizades e persoas do mundo da cultura e salienta a súa inxente produción literaria. “Unha boa parte asinouna como Salvador Lorenzana (el era de Lourenzá) ou só poñía S.L. ou simplemente nada: publicaba como anónimo. Era a maneira de actuar dos homes de Galaxia. E curiosamente todos o coñecemos como Don Paco, no que o Don de respecto combina de maneira insólita co informal Paco”, comparte Xesús Ferro.