As visitas guiadas teñen lugar os mércores e os venres ás 18 horas, de modo que a seguinte será mañá, 23 de setembro. A vindeira semana o público poderá profundar na exposición cun guía os días 28 e 30 de setembro.
As paradas da mostra tanto na Fundación Barrié de Vigo, durante o mes de agosto, como en Pontevedra son posibles grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra. Saúde e Terra, irmá(n)s! permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 2 de outubro no Museo de Pontevedra, onde pode verse de martes a sábado de 10 a 21 horas e os domingos, de 11 a 14 horas.