Víctor Freixanes, gañador do Premio Carlos Casares de Xornalismo Literario

O galardón, que concede o Concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares, recoñeceu, na súa cuarta edición, a calidade estilística e a ollada, optimista e galega, dos artigos que o expresidente da Real Academia Galega vén publicando na sección “Vento nas velas” do xornal La Voz de Galicia desde o 2001.

O escritor e xornalista Víctor Freixanes conta cunha longa dilatada carreira na literatura e no xornalismo galego. Director das editoriais Xerais e Galaxia e da revista Grial. Como novelista, entre os seus traballos máis recoñecidos están O triángulo inscrito na circunferencia (1982), O enxoval da noiva (1989), A cidade dos césares (1993) e Cabalo de ouros (2010).