Capela do Rial (Juan Silva e Óscar Sendón)
Mais pouco antes, en 1885, Jacobo Lema Fernández xa confeccionara un manuscrito con algunhas composicións da irmá maior de Francisco Añón. Este texto, algunhas veces citado mais nunca editado integramente, foi confiado polo seu propietario, Francisco Martelo Blanco (recentemente falecido), á Asociación Cívico-cultural Terra de Outes para a súa publicación, da que se encargou, finalmente, o estudoso Ramón Blanco (Outes, 1979).
Fragmento adaptado dunha
das composicións de Nicolasa Añón.
Tamén vos hai outra cousa
que vola vou contar
tamén dan unha medalla
ao que a queira tomar.
Algúns din que non a queren
meu Deus que tolos son
e atrévense a dicir
que a teñen no corazón.
Algúns disque tamén din
que é un engadido ao pescozo
e logo poñen un cravo
no camisolín ben posto.
Todo o que é bo pastor pon
ás ovellas un sinal
pois sen sinal mal se poden
escoller ou estremar.
A todos cantos lle vires
ao pescozo este sinal
estas todas son ovellas
do rabaño do Rial.
Despois chámanlles beatas
ao que alí vai tomar
e a Virxe todo cala
pero aínda ha de falar.
Os que falen de beatos
talvez non falen de balde
porque agora é beato
tamén o señor alcalde.
Poesías de Nicolasa Añón. (Serra de Outes, 2014).