Un manuscrito de Novoneyra

O vindeiro 19 de xaneiro faranse 83 anos do nacemento de Uxío Novoneyra. Para conmemorar esta data, achegamos unha reprodución dun poema manuscrito do libro Falorpiñas de neve.
Poema manuscrito de Novoneyra
Poema manuscrito de Novoneyra (Arquivo RAG)


O protagonista do Día das Letras Galegas 2010, Uxío Novoneyra, practicou a caligrafía con intención artística, unha modalidade de escrita manual moi semellante á do shodo xaponés que o poeta do Courel debía coñecer ben, dada a súa afección confesa polos haikus e a cultura nipona.

O poema que reproducimos arriba está incluído na colección Falorpiñas de neve, e vai encabezado pola seguinte dedicatoria: "Pra os meus pais que m´asiñaron a falar".