Capa do libro Das cousas de Ramón Lamote
No seu artigo, que se pode ler nesta ligazón, a académica e escritora especializada no eido da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), Fina Casalderrey, rememora a aparición en 1985 dun dos libros emblemáticos da literatura galega dirixida aos máis novos: Das cousas de Ramón Lamote, publlicada por Galaxia, e que lle valería ao seu autor o Premio Barco de Vapor en 1984 e do Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1986, e a inclusión Lista de honor da IBBY e de White Ravens.