O grupo de traballo Pensamento e ensaio da Real Academia Galega celebra a xornada Ruth Matilda Anderson. A ollada nas mulleres. A Fundación Luis Seoane (rúa San Francisco, 27 - A Coruña) acolle o encontro o xoves 18 de xuño a partir das 19:00 horas.
Entrada libre ata completar a capacidade do auditorio. Emisión en directo en academia.gal.
INTERVENCIÓNS
Alba Rodríguez Saavedra, autora de Ruth Matilda Anderson: tradutora das marxes
Traducir para visibilizar. A Galicia en feminino plural que reivindicou Ruth Matilda Anderson
Brais Lorenzo, fotoxornalista
Fotografía, memoria e territorio: un diálogo fotográfico con Ruth Matilda Anderson. Habitar o baleiro
Ana Cabana Iglesia, profesora de Historia Contemporánea da USC
As mulleres do rural galego nos tempos de Ruth Matilda Anderson: traballo e traballos
Pandeireteiras de Cantigas e Agarimos
Actuación musical
Coordina a académica Marilar Aleixandre
Apoia o Concello da Coruña



