A obra, publicada orixinalmente en 1955 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires, é un longo canto elexíaco estruturado en seis poemas na memoria de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, finado cinco anos antes. O libro contaba, ademais, con varios debuxos a cargo de Colmeiro, Maside, Souto e Torres, e cunha tradución ao español feita por María del Villarino.
A gravación, que tivo lugar orixinalmente en 1957 en Bos Aires, conta tamén cun longo estudo preliminar a cargo do membro de número da Real Academia Galega, Ramón Villares Paz, e do historiador Afonso Vázquez Monxardín, no que se analiza polo miúdo a estreita e duradeira relación entre Castelao e Paz-Andrade.
Para escoitar a gravación prema aquí.