Pleno do Día das Letras Galegas

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle a sesión extraordinaria e pública da Real Academia Galega co gallo do Día das Letras Galegas que a institución lle dedica a Begoña Caamaño.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. O acto poderá seguirse tamén en directo a través de academia.gal.

Alocucións académicas:
Ana Romaní
Marilar Aleixandre
Víctor F. Freixanes

Peche:
Henrique Monteagudo, presidente da RAG