Tribuna

Produciuse un erro ao procesar o modelo.
The following has evaluated to null or missing:
==> navigationEntry.getLayout().getExpandoBridge().getAttribute("display_page_template")  [in template "35243#35273#111402" at line 7, column 33]

----
Tip: If the failing expression is known to legally refer to something that's sometimes null or missing, either specify a default value like myOptionalVar!myDefault, or use <#if myOptionalVar??>when-present<#else>when-missing</#if>. (These only cover the last step of the expression; to cover the whole expression, use parenthesis: (myOptionalVar.foo)!myDefault, (myOptionalVar.foo)??
----

----
FTL stack trace ("~" means nesting-related):
	- Failed at: #assign isActive = navigationEntry.ge...  [in template "35243#35273#111402" at line 7, column 13]
----
1<#if entries?has_content> 
2    <div class="header-links"> 
3	<#list entries as navigationEntry> 
4        <#assign isActive = navigationEntry.isSelected() || navigationEntry.isChildSelected()> 
5        <#assign cssClass = ""> 
6        <#if layout.isSystem()> 
7            <#assign isActive = navigationEntry.getLayout().getExpandoBridge().getAttribute("display_page_template") == layout.layoutId?string /> 
8        </#if> 
9        <#if isActive> 
10            <#assign cssClass = "header-links__item--active"> 
11        </#if> 
12		<a class="header-links__item ${cssClass}" href="${navigationEntry.getURL()}">${navigationEntry.getName()}</a> 
13	</#list> 
14	</div> 
15</#if> 

Pilar Guerra e as letras galegas

Na casa teño quen repite dende hai moitos anos que non todo se aprende nos libros. Esta afirmación, que algún día chegará a ser refrán, é palpable na maior parte da experiencia agrícola, gandeira, mariñeira e doméstica. Hai mulleres que, sen pasaren pola Universidade, conseguiron facer cousas tan valiosas e imprescindibles coma os catedráticos.

Pilar Guerra Otero, 83 anos, conseguiu criar catro fillos e unha filla e converte-la súa casa no punto de encontro que desexan tódolos seus fillos, noras, os nove netos e mailo bisneto Aldán. Este é o triunfo dunha nai.

Para saber quen é a cidadá Pilar Guerra, a mellor bibliografía é o blog Os parentes, voceiro técnico e cultural da exitosa empresa agrogandeira creada polos fillos e netos de Pilar: empresa de vangarda pero sempre cos pés nesta terra galega. Nese blog entre técnico e divertido cóntanse os traballos e os días dunha sociedade cooperativa galega de máis de 300 vacas situada en Trasar, Carballedo (Lugo). Esta experiencia agrogandeira é imprescindible para os que pensen facer un máster en aldeas con futuro.

Para saber quen é a cidadá Pilar Guerra, a mellor bibliografía é o blog ogalego.eu, creado por un fillo e unha nora de Pilar (Anxo e Vitoria), catedráticos de galego xubilados que ofrecen un inmenso repositorio de exercicios de lingua, literatura e cultura galegas que inclúe a autoavaliación: velaí gratis a súa dilatada experiencia didáctica. E, aínda de propina, moitas cousas máis, como o maior repositorio de pseudónimos desvelados de xente galega. Esta experiencia didáctica é a máis consultada de Galicia.

Para saber quen é a cidadá Pilar Guerra, a mellor bibliografía é a publicación coa que o seu fillo Anxo deu forma ás súas valiosas anotacións fraseolóxicas (520 en total) e que se publicaron en Cadernos de Fraseoloxía Galega (12, 2010; 289-315). Tédelas en http://www.cirp.es/pub/docs/cfg/cfg12.pdf. Ela, esta muller da aldea, cando ía coas vacas, levaba un papel pra ir anotando os primores fraseolóxicos que lle viñan á idea, como contou no capítulo 31 do Ben falado.

Onte, 21 de xaneiro, na igrexa de Cartelos puxemos a Pilar Guerra nas mans afectuosas de Deus. Sei ben que no ceo sobra sensibilidade para saber acollela. Pero aquí, na terra, mulleres así, da aldea, coma Pilar Guerra, sabias de saberes que veñen da noite dos tempos, merecían un Día das Letras Galegas. Porque a lingua é materna. Porque non todo se aprende nos libros.

Xesús Ferro Ruibal
Membro de número da Academia