Os Premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG).
Os premios de honra recoñeceron tamén a Ana Luísa Amaral (Lisboa, 1956) como escritora galega universal e á libreira Mercedes Corbillón. Yolanda Castaño, Belén Regueira, Beatriz Busto Miramontes, María Canosa, Diego Ameixeiras, Eva Mejuto, Antonio Manuel Fraga, David Pintor, Inés Vázquez, aCentral Folque, María Alonso Seisdedos, Carme Varela foron as demais persoas galardoadas na gala deste ano, na que tamén foi distinguido o proxecto O Arquivo das Trasnas.
Esta fin de semana tamén se entregaron os Premios da Cultura Galega 2021, nun acto celebrado no Centro Galego de Arte Contemporánea. A académica Fina Casalderrey recolleu en nome de Bernardino Graña o galardón outorgado ao académico, distinguido na categoría de letras.