O Teatro Lauro Olmo, punto de partida da mostra itinerante sobre Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños é o título da exposición itinerante producida pola Editorial Galaxia para a Consellería de Cultura sobre o protagonista do Día das Letras Galegas 2022.  O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, interveu na inauguración da mostra, que pode verse estes días no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. 

A exposición ofrece un percorrido pola vida e a obra do autor ao que a Real Academia Galega rende homenaxe o vindeiro 17 de maio dividido. Divídese en quince paneis e complétase cunha selección de obxectos persoais de Delgado Gurriarán, cedidos para a ocasión pola familia do poeta valdeorrés: cartas que intercambiou con persoeiros do seu tempo, como Castelao ou Otero Pedrayo; borradores de composicións poéticas e publicacións orixinais, entre outros.

A proposta comeza a súa itinerancia no Barco de Valdeorras. Ourense e Santiago de Compostela serán as vindeiras localidades que a acollerán.