O presidente Víctor F. Freixanes, acompañado do alcalde Xulio Ferreiro, asinando no libro de ouro da cidade da Coruña. Fonte: RAG
O responsable da Academia asinou no libro de ouro da cidade, en cuxas páxinas lembrou que a corporación muncipal da Coruña foi "parte fundacional" da institución, que tivo como sede entre 1920 e 1978 o pazo de María Pita. No encontro os responsables de ambas as entidades amosaron o seu interese en seguir colaborando en distintas iniciativas.
Víctor F. Freixanes agasallou o rexedor con varias publicacións da RAG, entre elas as antoloxías editadas co gallo do centenario das Irmandades da Fala, fundadas na Coruña en 1906. Pola súa banda, o alcalde entregoulle unha figura da Torre de Hércules de Sargadelos ademais da publicación A Torre de Hércules, a lámpada do mundo, de Ramón Loureiro e Antonio Seijas.