A Fundación Otero Pedrayo acordou distinguir co Premio Trasalba 2026 a Ramón Villares Paz (Xermade, 1951) en recoñecemento á súa traxectoria a prol da cultura galega. O anuncio da concesión fíxose a pasada fin de semana tras a reunión do padroado da fundación, que salientou a "entrega á causa oteriana" do director da Sección de Historia da Real Academia Galega, así como á súa dedicación á investigación do conxunto da Xeración Nós, da que Otero Pedrayo foi un dos principais protagonistas.
Na mesma xuntanza, o padroado da Fundación Otero Pedrayo confirmou a reelección como presidente a Eduardo López Pereira.



