![Cuberta de Catro pezas](/documents/35271/86557/20.04.17_01_01.jpg/c20b4a51-092a-d72b-ad2e-f4f9922be02d)
Como escritor, Carballo Calero sentiuse ante todo poeta, pero o teatro foi o primeiro xénero que cultivou xa dende a infancia. O Setestrelo que o Portal das Palabras lle dedica á súa dramaturxia recorda a afección familiar ao teatro e detense nas principais pezas do autor, combinando a divulgación da súa obra con información lingüística sobre palabras asociadas a ela. A serie continuará con outro Setestrelo sobre a súa poesía e un máis dedicado á narrativa e o ensaio, entre outros contidos. O autor das Letras Galegas 2020 tamén inspirará a sección da Palabra do Día da semana do 17 de maio.