O Pleno extraordinario de elección da nova directiva celebrarase o vindeiro 28 de marzo

A Real Academia Galega celebrará o vindeiro 28 de marzo o Pleno extraordinario de elección da nova Presidencia da institución. A sesión terá lugar a partir das 18:30 horas.

A candidatura ou candidaturas á Presidencia da RAG que poidan concretarse deben ser presentadas por tres membros de número da institución. De acordo coa normativa interna, deben incluír cadansúa proposta de Comisión Executiva, composta, ademais por outras catro persoas: o/a secretario/a, o/a tesoureiro/a, o/a arquiveiro/a-bibliotecario/a e o/a vicesecretario/a.