A investigadora estará acompañada polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve; e o musicólogo e académico correspondente Fernando López-Acuña.
Autor de preto de 300 títulos coñecidos, a práctica totalidade das composicións de Marcial del Adalid (1826-1881) consérvase na Real Academia Galega, que custodia dende 1928 un conxunto bibliográfico e arquivístico do músico que fan dela a institución de referencia para os estudos sobre o autor. A RAG facilita o acceso a este rico fondo na páxina marcialdeladalid.academia.gal, unha web na que tamén se poden descargar outros contidos relacionados co compositor, entre eles Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, publicado na colección Anexos BRAG.