Abren o número 384 do BRAG os dezanove artigos que amplían os relatorios que presentaron no curso de verán Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século XX María Dolores Villanueva Gesteira, Manuel Román Ramos, Xosé López González, Justo Beramendi, Lourenzo Fernández Prieto, Uxío Breogán Diéguez Cequiel, Xosé Manuel Soutullo, Camiño Noia Campos, Xosé Luís Pastoriza Rozas, Dolores Vilavedra, Xosé Manuel Dasilva, Patricia Arias Chachero, Henrique Monteagudo, Ramón Villares, Xesús Alonso Montero e María López Sández.
A parte dedicada a quen foi o promotor da gran festa do 17 de maio complétase coas alocucións pronunciadas no pleno extraordinario do Día das Letras Galegas 2023 polos académicos Xesús Alonso Montero e Francisco Díaz-Fierros Viqueira e a académica Margarita Ledo.
Tras os artigos da xornada Novas voces da narrativa, o apartado de vida oficial da RAG inclúe, xunto a un resumo da actividade da institución durante o 2023, a necrolóxica do académico Salvador García-Bodaño, falecido en marzo do ano pasado, que asina o académico de número Anxo Angueira.
O novo BRAG saíu do prelo co apoio económico da Deputación de Pontevedra.