Na celebración interviñeron tamén o académico Euloxio R. Ruibal, a académica correspondente Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade. Miro Casabella foi o encargado de poñerlle música ao acto interpretando poemas do propio García-Bodaño.
O Ateneo de Santiago réndelle homenaxe a Salvador García-Bodaño
O Ateneo de Santiago rendeulle homenaxe ao académico Salvador García-Bodaño, presidente da entidade cultural dende 2008 ata o pasado mes de xuño. O poeta recolleu de mans do seu sucesor, Manuel López-Rivadulla, o título de presidente honorario do Ateneo. Salvador García-Bodaño salientou o “orgullo e responsabilidade” que supuxo representar unha asociación “que xa é un referente en Galicia”.