O académico correspondente Felipe Arias, novo presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

Felipe Arias Vilas (Lugo, 1949) foi elixido o pasado sábado presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. O académico correspondente, que ocupará o cargo que quedou vacante tras a renuncia de Concha Losada o pasado mes de maio, conta cunha ampla traxectoria na museística galega que abrangue, entre outras responsabilidades, a etapa como director-conservador do Museo Provincial de Lugo (1974-1984) e do Museo do Castro de Viladonga desde a súa creación en 1983 ata 2014, ano en que se xubilou.

A súa elección como presidente do MPG chega nun momento especialmente significativo para esta institución, que en 2027 celebrará medio século de vida.