Murguía e a necesidade dun Arquivo Xeral de Galicia

En marzo de 1871, cando Murguía exercía como o encargado dos arquivos galegos durante o chamado "Sexenio democrático" (1868-1874), redacta unha memoria informando sobre o lamentable estado de conservación dos arquivos galegos.
Portada do libro
Portada do libro


En concreto, o título completo da obra é: Memoria sobre el Archivo General de Galicia presentada al Excmo. Sr. D. Manuel Ruíz Zorrilla por Don Manuel Murguía, Jefe de Tercer Grado del Cuerpo de Bibiotecarios Archiveros y Anticuarios y Encargado del General de Galicia, e está datada no 20 de marzo de 1871, é dicir, mediado o período do chamado "Sexenio democrático", que abrangue de 1868 a 1874, e que rematará coa Restauración Borbónica.

O Patriarca principia a súa memoria cunha denuncia descarnada do lamentable estado de conservación e catalogación dos documentos atesourados daquela no "Archivo General de Galicia", sito na Coruña: "el Archivo de la Coruña es como el mar: nadie sabe lo que hay en su fondo", e prosegue: "no parece sino que Galicia carece de todo, lo mismo de historia que de documentos con que ilustrarla." Para concluír preguntándose: "¿es posible que pueda conocerse jamás la historia de Galicia, si todas las fuentes están cegadas y dispersas, y no se puede saber cosa alguna, sino a costa de sacrificios sin cuento y de abdicaciones que lastiman todo ánimo levantado?".

Murguía é sabedor tamén de que a Desamortización de Mendizábal (1836-1837) puxera en perigo os arquivos eclesiásticos nos que se atesouraba boa parte da memoria impresa do noso país, un proceso, o da dispersión e perda do legado documental galego, cuxo comezo el sitúa xa na Idade Moderna: "la irrupción que en el siglgo XVI sufrieron los monasterios gallegos, los más antiguos, más ricos y más amantes de los estudios históricos, fué fatal para nosotros, pues abades que no eran de nuestro país, saquearon, digámoslo así, las más ricas de sus bibiotecas". (páx. 53)

Na súa extensa relación ao ministro, Murguía, expresa a necesidade de facilitar o acceso ao coñecemento do noso pasado, "La historia tiene por tanto un deber sagrado en nuestra patria. Se necesita que los que todo nos niegan, vean que lo hemos tenido todo". (páx. 2) Con este fin, Murguía defenda a creación dun Arquivo Xeral de Galicia, ("depósito de papeles ordenado y custodiado como es debido"), no que se conserven os documentos precisos para facilitar o estudo e coñecemento do noso pasado. "Es posible", láiase, "que el país gallego, que ha tenido un pasado completamente autónomo, carezca de un establecimiento en el cual se hallen reunidos, clasificados y conservados cuantos documentos nos resten al presente?". (páx. 21)

Esta monografía pódese descargar nesta ligazón.