Mario Vargas Llosa observa a exposición de libros da biblioteca de Emilia Pardo Bazán que se pode ver na Casa-Museo. Fonte: RAG
Mario Vargas Llosa asinou no libro de ouro da RAG e mais no da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. "Foi moi emocionante visitar esta casa onde está tan viva a presenza de dona Emilia. Como modesto académico pídolle desculpas por non admitila na Real Academia da Lingua Española, á que honraría e e enriquecería a súa presenza", escribiu neste último.
Víctor F. Freixanes agasallou o escritor cun exemplar de Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos, da colección Clásicos da Academia; e outro de Martin Codax. Bañarnos emos nas ondas! As sete cantigas, coeditado pola RAG, a Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia.