Marilar Aleixandre impartiu xunto a David Lozano a conferencia inaugural de Filgua 2025, pola que se estima que pasarán ata o 13 de xullo unhas 100.000 persoas. O programa de España pretende atraer as novas xeracións á lectura e a escritura explorando a narrativa, a poesía o ensaio ou a banda deseñada da man dunha vintena de autores e autoras que participarán en medio cento de actividades.
“Aprender a ler, ter acceso a libros, é unha primeira condición para a igualdade. A exclusión da alfabetización, do coñecemento, das mulleres e os pobres ao longo da historia foi deliberada, ten como propósito a submisión”, reflexiona Marilar Aleixandre. “Ao ler libros aprendemos a pensar, a pensar por nós mesmos. Creo firmemente que non se aprende a pesar recibindo pensamento doutros listos para usar, do mesmo modo que aprendemos a cociñar axudando a nosa nai a preparar un prato, e non mercando comida preparada nun take away”, engade.