Colaxe de Luz Pozo en homenaxe a Luis Seoane no centenario do seu nacemento.
Fonte: Colección da Real Academia Galega
Sol negro e campesiñas (1973). O cadro foi doado á RAG pola viúva de Seoane, Maruxa Fernández, en 1980.
Fonte: Colección da Real Academia Galega
Cuberta da biografía de Seoane que Fernández del Riego publicou en 1994, ano en que o artista protagonizou o Día das Letras Galegas
Fonte: Biblioteca da RAG
Debuxo de Seoane dedicado á dona de Del Riego, Evelina Hervella.
Reprodución incluída en Luís Seoane desde a memoria.
Obra de Seoane.
Reprodución incluída en Luís Seoane desde a memoria.
Obra de Seoane.
Reprodución incluída en Luís Seoane desde a memoria.
Obra de Seoane.
Reprodución incluída en Luís Seoane desde a memoria.
Del Riego quixo plasmar nestas páxinas “unha visión apaixonada, xurdida dunha longa relación amistosa, sobre a vida e a obra dun home que se consagrou de cheo ao servizo de Galicia, con vocación de universalidade”. “Este pintor poderoso, que tan cabalmente se expresou nos seus cadros, tivo importantes cousas que dicir no gravado, no debuxo, tamén na letra impresa. Os seus libros foron un alongamento directo da súa obra plástica. Obedeceron a técnica semellante, a idéntico espírito. Non hai dúbida que, en todo, Seoane foi un e el mesmo, pintando, gravando, debuxando, escribindo. En calquera caso, os volumes saídos da súa pluma, como o seu labor artístico, situáronse na punta oposta do esteticismo”, salientaba Del Riego nas primeiras liñas do libro. O volume reproduce gravados e debuxos do artista, entre eles varios dedicados a Evelina Hervella, compañeira de Del Riego.
En 2010, no centenario do seu nacemento, Luz Pozo Garza lembraba a Seoane coa colaxe que que abre a fotogalería. A composición amosa a imaxe dunha muller cun cántaro na cabeza acompañada duns versos da poeta. Con esta obra conservada na colección da Real Academia Galega recordamos tamén a escritora, falecida en 2020. A cadeira que quedou vacante tras o seu pasamento en abril de 2020 será ocupada este sábado, 3 de xuño, polo historiador Lourenzo Fernández Prieto, con que comparte raíces ribadenses.
Pertence tamén á colección da RAG o cadro de Seoane Sol negro e campesiñas (1973), doado á institución xunto á súa biblioteca de arte por Maruxa Fernández López, dona do artista, tras o seu pasamento na Coruña no ano 1979. A obra é un bo exemplo da importancia da muller no universo creativo do artista.