Henrique Monteagudo intervén na XVIII Xornada Xustiza e Lingua

O presidente da Real Academia Galega participou este mércores na XVII Xornada Xustiza e Lingua, que baixo o lema Reflexións para a normalización organizou o Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela. Henrique Monteagudo interveu na mesa institucional xunto ao decano do ICA Santiago, Francisco J. Rabuñal Mosquera; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; e o concelleiro de Economía e Facenda de Santiago de Compostela, Manuel César Vila. O programa continuou cos relatorios da maxistrada María Isabel Suárez García, o avogado Eduardo Porta Viu e a profesora de Dereito Administrativo Diana Santiago Iglesias.