Fror de romeiro, de Francisca Herrera Garrido

A poeta, narradora e membro de número da Academia, Francisca Herrera Garrido, (A Coruña, 1869-1950) amosa nas súas composicións líricas unha clara influencia de Rosalia de Castro, autora á que considera a súa mestra.
Herrera Garrido
Francisca Herrera Garrido


O poema que reproducimos a continuación está tirado do libro Frores do noso paxareco, publicado na Coruña por El Noroeste en 1919 dentro da colección ¡Terra a nosa!.

FROR DE ROMEIRO
QUE BUSCAS
¿Qué buscas á miña beira,
Se d´amores desenténdeste,
E hastra os meus ollos acesos,
Teus olliños non s´astreven?
Avaladiza e frienta,
¡Ouh paxariña d-as neves,
Se fuxe do meu, teu seo:
¿Qué ves faguer o meu rente!
S´o lume d-as miñas ánseas
Soilo n-o meu peito alcéndese:
¿Qué buscas a miña beira,
C´o teu guapo xeito lene?
… … … … … … … … … … …
¿Porqué como as maus d-as santas,
As tuas santas maus se y-erguen,
E vira-la tua cariña,
Namorada d-as rojeces
d-os roibens; cal ti, bermellos,
cando na terra anoitece?
… … … … … … … … … … …
Hay unha Virxe n-a aldea,
Qu´os diviños brazos tende
Os romeiros: mais n-os pilla:
Por moito que s´arrecheguen,
Soio lle bican a trenza
Con qu´os cabeliños prende…..
… … … … … … … … … … …
¿Serás como a nosa Virxe,
Ouh paxariña d-as neves?

A páxina da autora no portal da Academia pódese consultar aquí.