Simposio Manuel María
Unha vintena de especialistas profundaron durante tres días no Manuel María máis polifacético no simposio dedicado ao escritor homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2016, celebrado na sede da Academia do 22 ao 24 de novembro.

Pola esquerda, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, entidade colaboradora na organización do encontro, a académica Margarita Ledo, membro do comité organizador; o académico Darío Xohán Cabana, encargado da conferencia inagural; o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, e Mercedes Queixas, secretaria da AELG e membro do comité organizador