Simposio Fernández Morales no Bierzo
A Real Academia Galega, o Instituto de Estudios Bercianos (IEB) e a Comisión Cultural Martín Sarmiento organizan o Simposio do Bicentenario / XI Xornadas de Autor IEB. Antonio Fernández Morales: o cantor do Bierzo, que se desenvolveu do 15, ao 17 de setembro en Ponferrada, Vilafranca do Bierzo e Cacabelos.

Representantes das institucións organizadoras e colaboradoras da organización do simposio dedicado a Antonio Fernández Morales posan na inauguración da exposición sobre o autor na Casa da Cultura de Ponferrada. Nas súas mans amosan exemplares da edición facsimilar dos Ensaios poéticos en dialecto berciano.

Pola esquerda, na mesa inaugural, o concelleiro de Cacabelos Santiago Enríquez; a concelleira de Cultura de Ponferrada, María Sonia Gancedo; o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; a presidenta do Instituto de Estudios Bercianos (IEB), Mar Palacio; e o académico correspondente e organizador das xornadas Héctor M. Silveiro

As comunicacións do programa do domingo do Simposio do Bicentenario / XI Xornadas de Autor IEB. Antonio Fernández Morales: o cantor do Bierzo desenvolvéronse no Museo Arqueolóxico de Cacabelos. Na imaxe, Héctor M. Silveiro e Ana Palacio presentan a derradeira xornada, que arrincou cunha intervención de José Luis Puerto, acompañado na mesa por José Antonio Balboa