A Real Academia Galega xuntou dezaseis especialistas no programa dedicado ao protagonista do Día das Letras Galegas 2017. As mesas redondas e conferencias desenvolvéronse na sede da institución do 21 ao 23 de novembro.
Pola esquerda, Håkan Casares intervindo na inauguración do Simposio, Arcadio López-Casanova, Víctor F. Freixanes e Valentín García.
Fonte: RAG
Un momento da conferencia de Arcadio López-Casanova, acompañado na mesa por Håkan Casares, Víctor F. Freixanes e Valentín García.
Fonte: RAG
Arcadio López-Casanova, Håkan Casares e Francisco Díaz-Fierros conversan nun descanso do Simposio Carlos Casares.
Fonte: RAG
Fina Casalderrey, Saleta Goy e Montse Pena Presas.
Fonte: RAG
Público agardando o comezo do Simposio Carlos Casares.
Fonte: RAG
Público seguindo a conferencia de Arcadio López-Casanova.
Fonte: RAG
Fina Casalderrey presenta a mesa redonda con Manuel Forcadela, Montse Pena e Gonzalo Navaza.
Fonte: RAG
Un momento da intervención de Manuel Forcadela.
Fonte: RAG
Montse Pena analizando o papel de Casares como editor dinamizador da literatura infantil e xuvenil.
Fonte: RAG
Gonzalo Navaza analiza o labor de corrección de Casares sobre as probas de imprenta dalgunhas das súas obras.
Fonte: RAG
Henrique Monteagudo ofreceu na segunda xornada do Simposio Carlos Casares unha ollada á lectura da historia de Galicia a través do "arco central" da súa novelística. Na mesa, o académico acompañado polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, encargado da súa presentación.
Fonte: RAG
Pola esquerda, Henrique Monteagudo, Marilar Aleixandre, María Lópes Sández, Francisco Castro e Antón Riveiro Coello.
Fonte: RAG
Marilar Aleixandre intervén na mesa redonda "Carlos Casares de onte a hoxe". Acompáñana, pola esquerda, Antón Riveiro Coello, María López Sández, Henrique Monteagudo e Francisco Castro.
Fonte: RAG
O escritor Antón Riveiro Coello abordou, entre outros aspectos, a oralidade na narrativa de Casares. Ao seu carón, María López Sández.
Fonte: RAG
O director xeral de Galaxia, Francisco Castro, centrouse na novela de Casares que o animou a facerse escritor cando tiña vinte anos.
Fonte: RAG
María López Sández analizou a autoconciencia de Casares sobre a súa produción literaria.
Fonte: RAG
Marilar Aleixandre intervén no coloquio da segunda xornada do Simposio Carlos Casares.
Fonte: RAG
Pola esquerda, os xornalistas Ramón Loureiro e Xosé Manuel Pereiro, e os investigadores Álex Alonso Nogueira e Inma López Silva na mesa redonda da terceira e derradeira xornada do Simposio Carlos Casares.
Fonte: RAG
Xosé Manuel Pereiro recordou a entrevista que lle fixo a Carlos Casares, "a máis longa" da súa vida como xornalista.
Fonte: RAG
Inma López Silva releu os artigos de Casares desde a perspectiva de xénero.
Fonte: RAG
Ramón Loureiro considerou que "o cumio" da literatura de Carlos Casares está nos seus artigos na prensa.
Fonte: RAG
Público seguindo a terceira xornada do Simposio Carlos Casares.
Fonte: RAG
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, impartiu a conferencia de clausura, unha viaxe polos artigos de Carlos Casares.
Fonte: RAG
Un momento do coloquio da xornada de clausura.
Fonte: RAG
Ramón Loureiro, Víctor F. Freixanes, Inma López Silva, Álex Alonso e Henrique Monteagudo posan tras a terceira e última xornada do Simposio Carlos Casares.