Recital de Amancio Prada en homenaxe a Rosalía de Castro
A Real Academia Galega celebrou o 24 de febreiro de 2016 os 179 anos do nacemento de Rosalía de Castro cun recital de Amancio Prada. O cantautor interpretou coa súa voz e unha guitarra de 1841 composicións da poeta.

Na primeira fila e pola esquerda, o debuxante Siro; Consuelo Castro Rey, responsable da Avogacía do Estado en Galicia; o presidente da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera; a subdirectora xeral de Política Lingüística, Mª Ángeles Antón Vilasánchez; o alcade da Coruña, Xulio Ferreiro, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices