Nigrán acolleu o 21 de febreiro de 2017 a nova edición do proxecto web educativo Primavera das Letras. A iniciativa deuse a coñecer da man da comunidade educativa do colexio que leva o nome de Carlos Casares, cerca da casa do escritor.
Ilustración creada para a páxina web da RAG Primavera das Letras dedicada a Carlos Casares.
Fonte: RAG
A galiña azul creada por Carlos Casares en 1968 preside a biblioteca do CEIP de Nigrán que leva o seu nome, o lugar que acolleu a presentación da Primavera das Letras 2017.
Fonte: RAG
Alumnado, profesorado e membros do Instituto de Estudos Miñoráns seguindo a presentación do proxecto.
Fonte: RAG
Lectura da obra O principiño en francés e na tradución ao galego de Carlos Casares, a cargo de Yolanda Soto e Ana Piñeiro.
Fonte: RAG
Representación teatral dun fragmento da primeira obra infantil de Casares A galiña azul.
Fonte: RAG
O público seguindo a representación dun fragmento da obra A galiña azul.
Fonte: RAG
O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, diríxese á comunidade educativa do CEIP Carlos Casares de Vilariño.
Fonte: RAG
A directora do CEIP, Ana Domínguez, nun momento da súa intervención. Ao fondo, pola esquerda, Xesús Alonso Montero, Xulián Maure e Henrique Monteagudo.
Fonte: RAG
A responsable da biblioteca do centro educativo, Cristina Fernández Ameal, amósalle a Xesús Alonso Montero os debuxo realizados polo alumnado do Principiño, cadrando coa parada no colexio da exposición sobre esta obra da Fundación Carlos Casares.