O 12 de decembro de 2009 tivo lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña o acto de ingreso do escritor coruñés Manuel Rivas Barrós como académico de número. Xosé Luís Axeitos foi o encargado de responder o seu discurso en nome da Academia.
O secretario da RAG, Manuel González González le a acta de elección de Manuel Rivas Barrós como membro de número da RAG, no paraninfo da Universidade da Coruña.
Os académicos de número Margarita Ledo Andión e Ramón Villarez Paz acompañan ao académico electo Manuel Rivas na chegada ao paraninfo.
Manuel Rivas Barrós nun momento da lectura do seu discurso “A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua”.
O académico de número Xosé Luís Axeitos Agrelo respondeu ao discurso de Manuel Rivas.