Ingreso de Basilio Losada como académico de honra

Basilio Losada, tradutor e crítico literario de Láncara, primeiro catedrático de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona e embaixador da cultura galega en Cataluña, ingresou o 3 de outubro de 2015 na Academia como membro de honra cun discurso dedicado ás primeiras novelas de Rosalía.

Basilio Losada charlando con Saleta Goi, viúva de Manuel María, e o académico Xosé Ramón Barreiro Fernández.

Fonte: Xosé Castro

Basilio Losada conversa cos académicos Euloxio Rodríguez Ruibal e Salvador García-Bodaño minutos antes do inicio da cerimonia.

Fonte: Xosé Castro

O académico Manuel Rivas saúda a Basilio Losada en presenza do secretario da RAG, Henrique Monteagudo.

Fonte: Xosé Castro

Os académicos Pegerto Saavedra, Fina Casalderrey, Víctor Freixanes, Manuel Rivas e Ramón Villares escoitando o discurso de Basilio Losada

Fonte: Xosé Castro

Basilio Losada, nun momento da exposición do seu discurso.

Fonte: Xosé Castro

O salón de actos da Real Academia Galega acolleu a cerimonia de ingreso do profesor Losada.

Fonte: Xosé Castro

Público asistente á cerimonia, no salón actos da Real Academia Galega.

Fonte: Xosé Castro

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, foi o encargado de responder ao discurso do profesor Losada en nome da institución.

Fonte: Xosé Castro

Xesús Alonso Montero entregoulle o pergameo da Academia ao novo académico de honra.

Fonte: Xosé Castro

O profesor Losada recibe o aplauso do público ao concluír a cerimonia.

Fonte: Xosé Castro

Foto de grupo de Basilio Losada cos académicos de número.

Fonte: Xosé Castro

O profesor Basilio Losada e o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, posan unha vez rematado o acto.

Fonte: Xosé Castro