Día das Letras Galegas 2009. Ramón Piñeiro

O 17 de maio de 2009 celebrouse en Láncara, localidade natal do homenaxeado, o Pleno extraordinario da Academia, así como os actos do Día das Letras na honra do intelectual galeguista.

O presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o secretario, Manuel González González, o tesoureiro, Andrés Fernández-Albalat Lois, o arquiveiro-bibliotecario, Xosé Luís Axeitos Agrelo e o vicesecretario Salvador García-Bodaño Zunzunegui, presidiron a Sesión plenaria extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas dedicado a Ramón Piñeiro.

Intervención do académico de número Ramón Villarez Paz, no Pavillón Polifuncional do Concello de Láncara.

O académico numerario Víctor Fernández Freixanes.

Asistentes á Sesión plenaria extraordinaria do Día das Letras Galegas dedicado a Ramón Piñeiro, celebrada no Pavillón Polifuncional do Concello de Láncara.

Discurso do académico de número Andrés Torres Queiruga.

A Coral Polifónica de Sarria interpretou o Himno galego como peche do acto.

Ofrenda floral diante do busto de Ramón Piñeiro, na parroquia de Carracedo.