Día das Letras Galegas 2008. Xosé María Álvarez Blázquez

O 17 de maio de 2008 a Real Academia Galega celebrou no auditorio do Concello de Vigo o Pleno extraordinario e os actos do Día das Letras en homenaxe ao polígrafo, editor e poeta tudense, Xosé María Álvarez Blázquez.

O presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, o secretario, Manuel González González, o arquiveiro-bibliotecario, Xosé Luís Axeitos Agrelo e o vicesecretario Salvador García-Bodaño Zunzunegui, presidiron a Sesión plenaria extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas, celebrada no auditorio do concello de Vigo.

Intervención do académico de número Darío Xohán Cabana.

O académico numerario Víctor Fernández Freixanes.

O académico de número Xosé Luís Méndez Ferrín nun momento do seu discurso.

A sesión finalizou coa interpretación do Himno galego.

O presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, acompañado polo alcalde de Vigo, María Luísa Cáccamo Freiben e Celso Álvarez Cáccamo, descobre unha placa conmemorativa na casa onde viviu Xosé María Álvarez Blázquez.

A académica de número Luz Pozo Garza, interveu tras descobrer a placa conmemorativa na casa de Xosé María Álvarez Blázquez.

Alfonso Álvarez Cáccamo xunto á placa conmemorativa do Día das Letras Galegas, situada na casa onde viviu seu pai.