Día das Letras Galegas 2007. María Mariño
O 17 de maio de 2007 a Real Academia Galega celebrou en Seoane do Courel o Pleno extraordinario e os actos do Día das Letras en homenaxe á poeta María Mariño Carou.

O presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, o secretario, Manuel González González, o arquiveiro-bibliotecario, Xosé Luís Axeitos Agrelo e o vicesecretario Salvador García-Bodaño Zunzunegui, presidiron a Sesión plenaria extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas, celebrada na antiga escola de Seoane.