110 anos da estrea do Himno na Habana
A RAG e o Instituto José Cornide celebraron o 20 de decembro de 2017 o aniversario da estrea da composición de Eduardo Pondal e Pascual Veiga cun acto na sede da Academia con música, historia e literatura.

Pola esquerda, o actor Queiman, o académico correspondente Fernando López-Acuña, a cantante Andrea Pousa, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, o alcalde Ponteceso, Lois García, Xosé María Varela e Tamara Lema, xerente e secretaria da FEP Fundacion Eduardo Pondal, e o historiador e académico de número Ramón Villares