"Este libro é un acto de cariño no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre ofrecen un fermoso retrato de María Victoria Moreno", salienta a editorial. O volume arrinca co relato apaixonante do que acontencía na libraría Xuntanza de Pontevedra, da que a escritora e profesora era socia, e segue o fío da súa traxectoria desde a infancia, os anos de formación académica e a súa chegada a Galicia en 1963 ata todo o que viría despois, a vida como escritora e docente e tamén a súa actitude valente ante o cancro que sufriu.
A obra achega o público máis novo a unha María Victoria namorada do ensino e dos animais -dúas paixóns presentes no seu legado literario-, e reconstrúe "con emoción toda unha vida de novela dedicada ao amor aos libros e a comunicar o pracer pola lectura en galego", engade Xerais.