Un momento da presentación do proxecto sobre os seus anos en Lugo. Fonte: A. Xiz
A iniciativa conta tamén cunha páxina web, https://fraguasenlugo.org/, que permite acceder ao volume de homenaxe a Fraguas con artigos sobre o seu legado durante os nove anos que viviu en Lugo e numerosos testemuños en primeira persoa de antigos alumnos que gardan un gran recordo del. Promovida, a través do Colectivo Egeria, por Manuel Regueiro Tenreiro, Antonio Prado Gómez, Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, complétase cunha exposición itinerante que nestes momentos pode verse no primeiro instituto onde Fraguas ensinou tras a guerra civil, hoxe chamado IES Lucus Augusti.
O centro educativo acolleu a pasada semana a presentación do proxecto. Durante o acto, impúxoselles o nome de Antonio Fraguas á biblioteca e ao arquivo do instituto e fíxose entrega dun retrato de Fraguas asinado polo pintor Manuel Romero.O académico de número Darío Xohán Cabana participou na celebración en representación da Real Academia Galega.