Especial sobre o Día das Letras Galegas

O suplemento 'Culturas', de La Voz de Galicia, elabora unha revisión crítica do protagonista deste ano, Valentín Paz Andrade, e ofrece un percorrido por cada un dos homenaxeados ao longo da historia.

Imaxe da portada do suplemento 'Culturas' que publica La Voz de Galicia


No especial deste ano participan cincuenta membros da Real Academia Galega, entre numerarios, correspondentes e de honra, que analizan brevemente cada unha das figuras que, desde 1963 ata hoxe, foron recoñecidas coa súa elección como figura homenaxeada o Día das Letras Galegas.

O suplemento inclúe, ademais dunha pequena historia da xénese e evolución da nosa festa cultural por excelencia, o testemuño de diversos representantes da cultura galega sobre o estado actual das nosas letras e da nosa industria cultural. Completan o sumplemento diversas análises sobre a vida e obra do polígrafo pontevedrés, Valentín Paz Andrade, a cargo dalgúns dos seus biógrafos e especialistas máis recoñecidos.